Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

Día da Ilustración con Castelao

  Celebramos o Día da Ilustración con Castelao O 30 de xaneiro celebramos no centro o Día da Ilustración , coincidindo co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , unha das figuras máis importantes da cultura galega, tanto pola súa obra literaria como pola súa faceta de ilustrador e debuxante. Desde a biblioteca quixemos renderlle homenaxe poñendo en valor esa dobre dimensión de palabra e imaxe que caracteriza a súa traxectoria. Para iso, elaboramos distintos puntos de lectura con libros e reproducións de ilustracións de Castelao, que estiveron expostos durante eses días para que o alumnado puidese achegarse á súa obra dun xeito visual e atractivo. O propio día 30 realizamos tamén unha lectura continuada de textos de Castelao , na que participou alumnado de diferentes niveis. Ao longo da xornada foron soando na biblioteca fragmentos de obras como Cousas , Retrincos ou Sempre en Galiza , facendo que a voz de Castelao volvese estar presente no noso centro....

Entradas más recientes

Entrega de premios do I concurso Contos de Nadal.

Bo nadal!

Os clubes de lectura botan a andar.

25-N: Da sombra á luz.

Novembro: Mes da ciencia en galego na biblioteca 🔬📚

Samaín 2025-Detectives literarios

Comeza o 2023 lendo historias LGTB