Bo nadal!

 

Nadal na biblioteca: libros, e moita ilusión

Coa chegada do Nadal, a nosa biblioteca escolar encheuse de cores e espírito festivo. Durante estes días, o espazo transformouse grazas á decoración realizada coa colaboración do alumnado, converténdose nun lugar aínda máis acolledor para ler, compartir e soñar.

Desde a biblioteca escolar queremos desexarlle un moi bo Nadal a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e persoal do centro. Que estas festas veñan cheas de descanso, momentos compartidos e, se é posible, boas lecturas.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da decoración da nosa biblioteca neste Nadal, das recomendacións lectoras para as vacacións e de algúns dos voluntarios que nos axudaron a facer estas árbores tan bonitas😊.

 







✨ Bo Nadal e felices lecturas!

Comentarios

Entradas populares