Entrega de premios do I concurso Contos de Nadal.

 

Entrega de premios do I Concurso de Contos de Nadal do IES de Becerreá

O martes 20 de decembro celebrouse na biblioteca do IES de Becerreá a entrega de premios do I Concurso de Contos de Nadal, unha iniciativa coa que quixemos fomentar a creatividade, a imaxinación e o gusto pola escritura entre o noso alumnado.

O concurso estivo organizado en tres categorías:

1ª categoría: 1º e 2º da ESO e FP Básica, que quedou deserta.

2ª categoría: 3º e 4º da ESO, cuxo gañador foi Kevin Herrera, de 4º da ESO.

3ª categoría: 1º e 2º de Bacharelato, na que resultou gañadora Belén Fontal, de 1º de BAC.

Aínda que unha das categorías quedou deserta, queremos agradecer sinceramente a participación de todo o alumnado, xa que os contos presentados destacaron pola súa orixinalidade e creatividade. Este tipo de iniciativas demostran que no noso centro hai moito talento literario e ganas de contar historias.

Tamén queremos facer un agradecemento especial aos  membros do xurado :Abraham, Chema e Carmen polo seu tempo, dedicación e pola difícil tarefa de valorar os traballos presentados.

Desde a biblioteca do IES de Becerreá felicitamos ás persoas gañadoras e animamos a todo o alumnado a seguir participando en futuras edicións, porque escribir é unha forma marabillosa de expresar emocións, ideas e soños… tamén no Nadal. 

A continuación podedes ver algunhas imaxes do acto de entrega de premios e dos nosos gañadores e gañadoras. 📸



 

 

 

Comentarios

Entradas populares