Semana da prensa
Semana da prensa na biblioteca 📰
Entre o 9 e o 13 de marzo celebramos na biblioteca a Semana da Prensa, uns días nos que nos achegamos á actualidade a través dos xornais.
Durante esa semana contamos con unha pequena mostra de periódicos para todos os gustos: tivemos prensa nacional, local e tamén publicacións de temática económica, que espertaron a curiosidade de moitos lectores e lectoras. Foi unha oportunidade estupenda para coñecer diferentes puntos de vista, descubrir novas seccións e achegarse ao mundo da información dun xeito máis directo.
A biblioteca converteuse así nun espazo para ler, comentar e reflexionar sobre o que acontece ao noso arredor, algo máis importante ca nunca.
Queremos agradecer a participación de todo profesorado que se achegou estes días, así como a colaboración dos diferentes departamentos, que axudaron a facer posible esta actividade.
Grazas por seguir facendo da biblioteca un lugar vivo e cheo de interese! 😊





Comentarios
Publicar un comentario