25-N: Da sombra á luz.

 

25-N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres



Este 25 de novembro, a nosa biblioteca encheuse de mensaxe, emoción e compromiso coa igualdade a través dun mural moi especial creado polo alumnado.

A idea era representar, a través de dúas sombras, dous xeitos de vivir. Dun lado, a sombra do medo, do silencio e da violencia. Do outro, a sombra da forza, da liberdade, da valentía e da esperanza. Un contraste que fala por si só e que invita a parar, mirar e reflexionar.

Foi unha actividade moi participativa, na que o alumnado puxo non só mans, senón tamén pensamento, sensibilidade e ganas de dicir basta. Porque a violencia de xénero non é só un problema dun día, senón algo que hai que combater todos os días, tamén desde a escola.

Desde a biblioteca queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron e, sobre todo, ao alumnado, por demostrar que a xuventude tamén ten voz, conciencia e compromiso.

👉Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes do proceso e do resultado final.

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 


 

Comentarios

Entradas populares