Obradoiro coa escritora Antía Yáñez

 Hoxe na biblioteca o alumnado de 1º de ESO tivo a sorte de asistir a un obradoiro de escrita creativa coa autora Antía Yáñez!


Contounos o moito que lía na súa infancia e adolescencia e como empezou a escribir historias e publicalas. Aprendimos, grazas a ela, que as ideas xorden de lugares e situacións moi diferentes, que unha mesma idea pode dar lugar a mil maneiras de ser contada e, sobre todo, que escribir pode chegar a ser moi divertido.

No obradoiro houbo lectura de textos escritos por adolescentes que foron premiados en diferentes certames, tamén reflexión crítica sobre toda a literatura romántica que parte do alumnado le, así como creación de textos propios individuais feitos con moita imaxinación.

 Libros como O Misterio de Portomarín, O Misterio do torque de Burela, Plan de Rescate, Senlleiras ou Non penses nun elefante rosa forman parte da nosa biblioteca, e desde a mesma animamos a que os leades todos. Por suposto, estaremos ben atentos ás novidades desta autora que tanto admiramos.

Grazas Antía por unha mañá fantástica.








Comentarios

Entradas populares