Samaín 2025-Detectives literarios
SAMAÍN-2025
Este Samaín, a nosa biblioteca transformouse nun escenario cheo de misterio, intriga… e moitos libros! Co obxectivo de celebrar estas datas dunha maneira lúdica e animar ao noso alumnado a explorar os fondos da biblioteca, organizamos un xogo especial: “Detectives literarios”.
Os equipos de alumnos e alumnas tiveron que poñer en práctica a súa capacidade de observación, dedución e coñecemento literario para resolver o misterio. Houbo momentos de moita diversión mentres ían seguindo o rastro oculto entre páxinas.
A actividade foi un éxito rotundo: a biblioteca encheuse de vida, curiosidade e entusiasmo, e moitos aproveitaron para descubrir libros que nunca antes se detiveran a mirar.
Aquí deixamos ao primeiro grupo en conseguir chegar ao final. Noraboa para elas!
Grazas a todo o alumnado pola súa participación e espírito investigador.





Comentarios
Publicar un comentario