O pasado 3 de outubro, no tempo de lecer, inauguramos oficialmente a nosa Biblioteca do IES para o curso 25-26, e fixémolo por todo o alto!






Houbo xogo de pistas, no que o alumnado tiña que atopar un libro misterioso seguindo as indicacións dun papel coa pista. Se conseguían atopalo… agasallo doce! (Iso si, houbo algún ou algunha moi lambón/lambona que colleu máis dunha larpeirada).
Tamén contamos con xogos de mesa para todos os gustos: xadrez, Tabú, Scrabble... e moita diversión compartida. Acompañounos música de ambiente, perfecta para relaxarse, conversar e disfrutar dun rato diferente na compañía de compañeiros e profesorado.

Agradecer o traballo e esforzo da coordinadora da biblioteca  Pilar Iglesia, xunto co resto do equipo da  biblioteca: Abraham, Iria, Ana Campo, Chema e Luz.
Grazas tamén ao profesorado e ao alumnado pola súa participación activa neste acto tan especial, que fixo da inauguración unha auténtica festa da lectura e da convivencia.
Foi unha xornada divertida, lúdica e participativa, coa presenza de moitos membros da comunidade educativa do IES. Unha maneira perfecta de dar a benvida a este novo espazo de lectura, encontro e aprendizaxe compartida.
Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a visitar a biblioteca e a participar nas múltiples actividades que se desenvolverán ao longo deste curso. ¡Prometen ser tan interesantes e divertidas coma esta inauguración!

Comentarios

Entradas populares