Xornada Clubs de lectura

 XORNADA CLUBS DE LECTURA 2026 


No día de onte asistimos á XVIII Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, unha xornada dedicada a compartir experiencias e reflexionar sobre o valor da lectura compartida.

Durante o encontro puidemos asistir a conferencias, conversas e mesas de experiencias arredor da lectura inclusiva, a participación do alumnado, a mediación lectora e o papel social dos clubs de lectura. Tamén foi unha oportunidade para coñecer proxectos doutros centros e descubrir novas ideas para seguir dinamizando os nosos clubs. 

A xornada deixounos moitas reflexións, recomendacións lectoras e ganas de continuar creando espazos onde compartir lecturas, opinións e emocións arredor dos libros. 

 







 

 

 

Comentarios

Entradas populares