Encontro PLAMBE

 Encontro PLAMBE 2026

O pasado 5 de marzo tivemos a oportunidade de asistir ao Encontro PLAMBE 2026, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, unha xornada chea de aprendizaxes, intercambio de experiencias e inspiración arredor das bibliotecas escolares. 

Baixo o lema “Biblioteca escolar + deseño → Viaxe á creatividade”, o encontro reuniu profesorado e responsables de bibliotecas de toda Galicia para reflexionar sobre o presente e o futuro das bibliotecas escolares, compartir proxectos e coñecer novas iniciativas. A conferencia inaugural de Daniel Cassany, centrada na lectura na época da intelixencia artificial, convidounos a pensar nos novos retos e oportunidades que temos como mediadores da lectura.

Ao longo da xornada puidemos asistir a diferentes sesións simultáneas sobre temas moi variados, nós asistimos á xornada de bibliotecas do rural, onde collemos moitas ideas de bibliotecas escolares como a nosa.Tamén foi moi interesante coñecer o novo Portal BEGA e descubrir propostas innovadoras que demostran que as bibliotecas escolares continúan sendo espazos vivos, dinámicos e fundamentais para a aprendizaxe e a creatividade do alumnado.  

A experiencia resultou moi enriquecedora, non só polas actividades e conferencias, senón tamén pola oportunidade de compartir inquedanzas e ideas con compañeiros e compañeiras doutros centros. Volvemos con novas inspiracións, recursos e moitas ganas de seguir facendo da nosa biblioteca un espazo de encontro, lectura e creación.








 

Comentarios

Entradas populares