Taller de chaveiros.

Chaveiros de macramé na biblio 🧶✨

Durante o mes de febreiro na biblioteca puxémonos mans á obra cun obradoiro moi especial: fixemos chaveiros con fío de macramé!

Entre nós, risas e algún que outro nó rebelde, fomos aprendendo pouco a pouco esta técnica e creando chaveiros únicos. Houbo moita creatividade e moitas ganas de aprender e pasalo ben.

O mellor de todo foi ver como cada quen lle daba o seu toque persoal ao seu chaveiro… e marchar para casa cunha pequena obra feita coas propias mans 😊

E, por suposto, non podemos rematar sen dar as grazas ás persoas voluntarias da biblioteca, neste caso especialmente aos voluntarios de 3º e 4º da ESO.Sempre están aí para botar unha man, axudar en todo e facer que actividades coma esta saian así de ben.

Grazas de corazón por formar parte da nosa biblio e por enchela de vida! 💛





Comentarios