25N NO IES DE BECERREÁ. A loita contra a VIOLENCIA MACHISTA é frecuentemente debatida entre o pesimismo e a esperanza e non é de estrañar que así sexa porque a súa propia natureza fai que, canto máis se avancen nas políticas destinadas a combatila, máis violencias ocultas emerxan. Entón queda claro canto se avanzou, pero tamén canto aínda queda por facer. Propoñer un equilibrio e impulsar os novos retos é precisamente o propósito do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra cada 25 DE NOVEMBRO. Se queredes información dobre as actividades feitas por ese día, visitade o blog do equipo de EDL, tamén atoparedes fotos na páxina do Centro. FORZA E A SEGUIR COA LOITA, QUEDA MOITO POR FACER.

Comentarios

Entradas populares