O día 26 de maio os compoñentes dos nosos clubs de lectura achegáronse ata Lugo para acudir a proxección  da película Raya y el último dragón. Este ano foron moitos os impedimentos cos que nos atopamos para levar a cabo esta actividade, as medidas sanitarias adoptadas non axudaban, pero todo vai pasando e por fín aquí estamos outra vez. A oferta cinematográfica tampouco foi moi abundante, pero disfrutamos moito cunha película de fantasía para esquecernos un pouco do vivido.

Comentarios

Entradas populares