EN BOA COMPAÑÍA. Este mes achegámosvos este precioso libro, La maravillosa vida breve de Óscar Wao. A vida nunca foi doada para Óscar Wao, un dominicano doce, obeso e desastroso que vive coa súa nai e a súa irmá nun gueto de Nova Jersey.

Óscar soña con ser J. R. R. Tolkien e, sobre todo, soña con atopar o amor da súa vida. Pero Óscar nunca pode alcanzar os seus obxectivos debido a unha estraña maldición que leva na súa familia desde hai xeracións, enviando aos Wao a prisión, predispoñéndoos a tráxicos accidentes e, sobre todo, ao desamor.

  

Comentarios

Entradas populares