Xa estamos de volta! Comezamos un curso un pouco diferente, pero coas mesmas ganas de sempre. Este ano temos normas novas na biblioteca, aínda que esperemos que estas non vos fagan esquecer os vellos costumes e sigades visitándonos. Lembrade que un libro sempre é unha boa compañía para estes días tan extraños. Irémosvos presentando as novidades a través desta canle para que coñezades aqueles títulos que nos van chegando. Benvidos e ata a próxima.


Comentarios

Entradas populares