No Día das Letras Galegas acercámonos á figura do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas. Ademáis da exposición proposta pola Consellería, levouse a cabo unha unidade didáctica elaborada pola Deputación de Lugo. Podes ver máis fotos desta actividade pinchando aquí.
Tamén coincidindo con esas datas visitounos a escritora Marica Campo, recibimos a visita dos alumnos do Colexio de Becerreá e todos xuntos gozamos dunha fermosa charla con ela, quen nos asinou os nosos exemplares da súa obra E Xoel aprendeu a voar ademáis de darnos un montón de bos consellos. Moitas grazas Marica, foi todo un pracer. 


Comentarios

Entradas populares