DÍA DO LIBRO. Voltamos as clases despois dunhas pequenas vacacións nun día moi especial: o 23 de abril, o día do libro. Este ano quixemos lembrar por que foi elexida esta data para achegarnos un pouco máis aos libros.
As figuras de dous grandes clásicos como son Cervantes e Shakespeare foron os protagonistas da nosa exposición, xunto a eles algúns dos seus personaxes que fixeron grandes a estes autores: Sancho Panza, Quixote, Romeo, Xulieta, Otelo... nomes sen os que as nosas letras non serían o mesmo.
Disfrutade moito e xa sabedes: ler é unha marabillosa experiencia que nos abre a mundos máxicos. Estas son as FOTOS que che permitirán ver a mencionada exposición.

Comentarios

Entradas populares