Ano novo e blog novo!

Comenzamos este ano cun novo blog que esperemos que vos guste.
Iniciamos as nosas actividades cun taller para reflexionar sobre certas actitudes que se dan hoxe en día entre a nosa mocidade.
Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar este problema a Consellería de Igualdade puxo en marcha unha mostra expositiva, titulada "Cartas de amor", que pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces vai asociada a elas. Para isto, varios debuxantes plasmaron nunha imaxe situacións que consideran violentas entre adolescentes, co obxectivo de pór de manifesto a necesidade de mudar estas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.
En xaneiro esta exposición visitou o noso instituto e levouse a cabo un taller encamiñado a que o noso alumnado de 3º e 4º da ESO reflexione sobre a existencia de violencia en certos modos de se relacionar a xuventude na actualidade.
Aquí vos quedan unhas fotos realizadas durante a visita á exposición das actividades realizadas no taller de creación.




Comentarios

Entradas populares